Este escrito é unha contestación a un párrafo que vostede escribiu nos volúmes ANTROPOLOXIA DA TERRA DE CALDELAS, concretamente no tomo 1, páxina 243, onde trata as xentes da Abeleda de "infelices labregos". Logo por si non lle chega, segue escribindo cousas que, ¡dudo moicho!, las teña comprobadas, "Ten fontes pero ningunha de boa auga".
Decirlle señor Sotelo, que os labradores deste pobo, si, son moi traballadores e teñen unha zoa de traball
o, que pola súa orografía e bastante dura, pero podolle asegurar que para nada son "infelices", creo que se algún deles o fora, non estaría vivindo neste lugar.
En relación coas fontes, tamén qu
ero aclararlle que en todas nace auga potable, (apta para o consumo humán). Certificado polos laboratorios profesionais que existen na capital da provincia.
Outro tema tratado nesta página, é o dos tellados das casas. "A maioría delas cubertas de lousa, que lles dá un triste aspecto". Pois entonces comentarlle que ese mesmo aspecto o terán todolos pobos da comarca de Caldelas, debido a que este material, é o que máis abunda nesta zona, e polo tanto resulta moito máis barato que importar tella.
Non entendo o porqué da crítica a este pobo, cando e vostede nacido nun de iguais condicións, por non decir peores. Porque xa me dirá vostede os invernos que pasaban os aldeans do séu pobo natal, cando as neves non se ían durante un mes, cando ese pobo polo seu clima, non produce ningún tipo froito e un largo etc.. Mentres os aldeans que vostede trata de infelices, teñen nas súas ortas tomates, pementos, mazás, peras, cereixas, teñen as viñas para ober a uva e sacar o tan preciado viño da Ribeira Sacra........
Bueno, non quero alongarme máis, e tamén aclaro que, o resto do libro merece a pena lelo, e recomendollo a xente.
Un saúdo dun habitante orgulloso de vivir neste pobo.

 
   
 
   
   

 

 
   
   
   
   
   
        Salir del Artículo