- O camiño de Santiago tamén pasou pola Abeleda -
 

A o largo da época romana , existiu nesta zona unha via romana secundaria. Trátase da vía que unía a via romana XVIII, co territorio dos Lemavi. O trazado coincidia en gran parte co camiño ducumentado na idade media, que unía a localidade de Castro Caldelas coa de Monforte de Lemos e Sober. Na Abeleda ainda se atoparon restos do paso desta vía polo pobo. Foron atopados o lado da actual ponte da estrada que comunica a o pobo.
Esta vía extendiase desde o Castro de Caldelas pola ladeira da montaña chegando ata Celeirón, coincidindo case na sua totalidade co trazado do camiño actual, logo desde a ponte da Boga percorria por donde é hoxe a estrada principal, logo desviabase para pasar polo barrio da Eirexa, polo que é hoxe o camiño dos "Queixos", pasando polo aínda existente "Lagar do Couto", que pertence a casa dos Taboada. Logo segue o seu percorrido ata o río Sil, e cruzabao a través dunha ponte que aínda hoxe cando baixa o rio, podese ver un dos pilares que o formaban.
Este camiño tamén pasaba polo pobo de Doade, xa en la provincia de Lugo., seguindo o percorrido pola provincia lucense.

 
   
 
   
   

 

 
   
   
   
   
   
        Salir del Artículo