A antíga fábrica de queixos da Abeleda.
     
 

---Na postguerra, don Ricardo Taboada puxo en funcionamento neste pobo, e xunto a beira do río Edo, unha fábrica de queixos de vaca. Istes queixos, chegaron a ter sona pola súa gran calidade, e vendianse case en exclusiva nas vilas de Monforte de Lemos e Castro Caldelas, asi como na cidade de Ourense. Nesta pequeña industria chegaron a estar empleadas inhs dez persoas. A leite para a fabricación dos exquisitos queixos, recollianse pola comarca de Caldelas. Era producida polas vacas de raza "caldelá", unha raza exclusiva da zoa, que se utilizaban máis ben para o traballo, polo cal a cantidade de leite non era moita pero si de gran calidade.
--- Pero esta pequeña industria, non chegou a ter o éxito esperado e tivo unha curta vida, facendo que as familias que nela trabajaban tivesen que buscar a fonte da emigración..
---Actualmente o edificio da fábrica de queixos ainda existe. Está na beira do río Edo, xusto debaixo da piscina natural, pero non se pode visitar xa que é propiedade privada, e esta arranxada como vivenda familiar.

 
 
   
   

 

 
   
   
   
   
   
        Salir del Artículo