A FAUNA NA ABELEDA
 
Nos montes que rodean Abeleda ocultanse xabaríns, corzos, zorros e coellos. Merecen tamén unha interese especial as aves, en particular as aves rapaces. Dende o Canón do Sil acercanse unha colonia bastante importante de milanos negros. Tamén pódense ver varias especies de águias: a águia ratoneira, pescadora e a águia real. Na tempada fría veñen garzas e patos a pasalo inverno no río Sil.  
   
 

 

A FLORA NA ABELEDA
 
  Na Abeleda existe unha gran biodiversidade. Está baixo a influencia dun clima atlántico-continental. Esto conleva unha flora determinada como, os castiñeiros, carballos, toxos, breixos e retamas. Pero aparte desta flora atlántico-continental, e debido o microclima reinante no Canón do Sil, tamén se poden atopar moitas variedades máis propias dun clima mediterráneo, como poden selos alcornoques, madronos, enciñas, laranxos e olivas, a xara e a lavanda. Ademáis hai un gran número de prantas mediciñais e aromáticas  
   
 
     
     
        Salir del Artículo