- As guerrillas antifranquistas-
 

Iste pobo tamén se viu afectado pola partida da guerrilla antifranquista que actuaba na zona de Caldelas. Esta guerrilla creada na primaveira de 1941, e que actuou ata ben entrados os anos sesenta, tiña o seu radio de acción desde Viana do Bolo, pasando pola Gudiña, Verín e a zona de Castro Caldelas. A carón desta cuadrilla estaba o tan coñecido polas xentes deste pobo Mario Rodríguez Losada, coñecido mundialmente por "MARIO DE LANGULLO" ou simplemente por "MARIO". Escondianse nos montes que bordean as aldeas de Susaos, Vilarellos, As Carballeiras, saindo a tarde e a noite para recoller os seus botins. Eran coñecidos como "Os atracadores" ou "ladrons".
Neste pobo foron numerosas as familias que o Mario saqueou, e incluso maltratou, cando algunha delas non lle quería dar o botín que este pedía. Solía "visitar" a aquelas que xa neses anos descataban por ter máis diñeiro que o resto, debido os negocios que rexentaban. A panadería que existía naqueles anos na Abeleda fui saquead en varias ocasions, e ainda hoxe se poden velas marcas nas súas paredes de aquellas brutalidades. Tamén a tenda da aldea que existía foi víctima da guerrilla.
Pero non solo lle tiñan medo, en todolos pobos tiñan sempre o aliado de turno, quen lle comunicaba todolos movementos que as xentes do lugar facían, quen lle suministraba a comida para poder subsistir na dura vida dos montes. Claro está que eses caciques de época eran os protexidos polos guerrilleros.
A finais dos anos sesenta e ca caída de algun deles fusilado pola Gardia Civil, esta partida de guerrilleiros se desmantelou, Mario e algún dos seus emprenderon o camiño a Francia, país o cal lograron entrar.
Aínda hoxe en día son numerosas as istórias que contan as xentes deste pobo, algunhas delas son verdadeiramente brutais.

 
   
 
   
   

 

 
   
   
   
   
   
        Salir del Artículo