| |
Conta esta lenda, que no barrio de O Couto en San Paio de Abeleda, tódalas noites, viase aparecer unha luz. Esa luz, era a ánima dun home que morreu cerca do río Sil, mentres traballaba na construción da estrada de Monforte de Lemos. A ánima viña a facerlle unha visita a os seus veciños como recompensa polo gran apoio que lle mostraron a súa familia cando el morrera. |
|