| |
-----No ano 2007 comenzará a facerse realidade a reforma da estrada entre Castro Caldelas e Monforte de Lemos, que discurre pola Abeleda, dende a "Ponte da Boga" ata a "Ponte do Sil". O proxecto abrangue uns 27 Kms. A obra vai permitir melloralas comunicacións entre as Ribeiras de Lugo e Ourense, sendo a Abeleda, o núcleo máis afectado por esta reforma.
-----Política Territorial xa anunciou o inicio inmediato das obras, que teñen un prazo de execución de 12 meses e un orzamento de 4,3 millóns de euros. Os traballos vanse a executar simultaneamente nas dúas provincias.
-----A calzada terá 7 metros de ancho nas zonas chás e 5 metros nas proximidades do río Sil. Os redactores do proxecto intentaron preservar a paisaxe actual deste fermoso entorno natural, evitando grandes desmontes. Deste xeito o trazado será o mesmo que o anterior, que leva comunicando ámbalas comarcas dende principios de século XX e foi asfaltada no 1975.
-----Esta estrada cobrou maior importancia dende que se construíron os embarcadeiros do catamarán.
|
|